Ir al contenido

Dúas canciós, para voz e piano

https://odoo.dosacordes.es/web/image/product.template/3018/image_1920?unique=e00251c
Carlos López García-Picos 

Textos: Antonio Machado
Transcrición: José A. Cantal Mariño
Notas: Javier Ares Espiño

As canciós de García-Picos, tal e como as denomina Luís Seoane nun artigo adicado ao compositor en 1972, están baseadas nos poemas de Antonio Machado Campo e Hoy buscarás en vano. O creador betanceiro non depositou copias destas obras en ningún arquivo, nin as citou nos listados de composicións que elaborou; por este motivo aparecen clasificadas fóra do seu catálogo. A importancia destas creacións musicais, realizadas en Bos Aires no ano 1955, radica na singularidade que supón o uso da voz dentro das composicións de García-Picos.

A estética vangardista das creacións musicais, coas que fixo a súa particular contribución á causa galega, obrigouno a manter unha postura afastada do repertorio tradicionalista e popular que dirixía nos coros. A música instrumental, e máis concretamente a música sinfónica, respondía plenamente aos seus obxectivos. A solución ante esta dicotomía que atopou García-Picos foi drástica: a voz ten unha presenza mínima no seu catálogo. As canciós son dúas marabillosas excepcións.

Para escoitar estas cancións:

https://www.youtube.com/watch?v=jazm2RkaA0k&index=1&list=UUZoL5QkbQWhDyyJaxYsv0DQ

https://www.youtube.com/watch?v=z0L_SU0lAXs&feature=youtu.be

14,00 € 14.0 EUR 14,00 €

No está disponible para venta

Esta combinación no existe.

Categoría: Instrumentos y voz / Voz
Tamaño: DIN A4
Tipo de código: ISMN
Código: 979-0-801244-59-8
Páginas: 24

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables