6 Baladas Gallegas
Juan Montes Trátase da transcrición para clarinete e piano das 6 Baladas Galegas de Xoán Montes: As lixeiras anduriñas, Doce sono, Negra Sombra, Lonxe da terriña, Unha noite na eira do trigo e O pensar do labrego, realizada por Marta Sancho, catedrática de clarinete no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Coa súa interpretación, o alumnado pode achegarse á música patrimonial, asumindo as súas características. As pezas, moi axeitadas para o instrumento, permiten traballar aspectos técnicos e interpretativos e, ademais, dan a coñecer un repertorio imprescindible na nosa terra. Para escoitar as obras: As lixeiras anduriñas: https://www.youtube.com/watch?v=odEUJxV0Jj0 Doce sono: https://www.youtube.com/watch?v=dWGoEvXtB38 Negra sombra: https://www.youtube.com/watch?v=HBs8WoZxeHA Lonxe da terriña: https://www.youtube.com/watch?v=9pYeU_Qhbh0 Unha noite na eira do trigo: https://www.youtube.com/watch?v=9yG-iFFMRF8 O pensar do labrego: https://www.youtube.com/watch?v=4EfVoNmxVg0 Seis baladas galegas de Juan...