A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira
Xabier Garrote Cobelo
Xabier Garrote Cobelo recolle nesta obra os resultados dun monumental traballo de clasificación e estudo historiográfico dos materiais documentais conservados no Arquivo Musical da Banda Garrote de Ortigueira, con particular énfase no papel histórico da Banda Garrote e no rol que nesta comarca exerceron tres músicos dunha saga familiar incuestionablemente vencellada á historia musical de Galicia: José María, Manuel e Andrés Garrote. O ensaio complétase con documentadas referencias a moitos dos músicos responsables de trazar a historia das bandas de música en Ortigueira, cun amplo aparato documental e con dúas notables contribucións, dos estudosos Xosé Carlos Breixo e Alejo Amoedo, que constitúen unha mostra das moitas liñas de investigación que este traballo abre.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.







