Bágoas: Para grupo instrumental de vento, cordas e pequena percusión
Moisés Bernardo López
Composta por encargo da agrupación lucense Lucus Ensemble, forma parte dun grupo de tres pezas independentes cada una delas (Bágoas, Piadades e Momentum), pertencentes a un mesmo ciclo de concertos. "O Son do Tempo", é o proxecto que -en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño da Diputación de Lugo (CENTRAD) - serviu de marco integrador da súa estrea, o 14 de abril do 2019 na igrexa románica de Santa Mariña de Antas. Aposta pola riqueza tímbrica, establecendo unha simbiose entre instrumentos modernos e tradicionais xunto co emprego das novas tecnoloxías. Crea un espazo de experimentación, no que a conxunción do lirismo melódico convive con certo aroma de música circense, creando reminiscencias da perpetua infancia latente en cada un de nós.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.