Ir al contenido

ExTradición

https://odoo.dosacordes.es/web/image/product.template/3283/image_1920?unique=dcbb50e

Din que a terra non se posúe: pertence a quen a sente, a quen a traballa e a quen a lembra. O certo é que Erick Feles, venezolano de nacemento e galego de corazón, ten demostrado ao longo da súa traxectoria un fondo compromiso coa gaita de fol, co desexo de crear música pensada para este instrumento e, sobre todo, cun ideario sempre centrado na ampliación do xa extenso repertorio gaiteiril mediante novas técnicas e linguaxes.

Neste traballo poderán atoparse dende obras de nova creación que beben da música de raíz, tras unha análise exhaustiva dos estilos de Perfecto Feijóo descritos no Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro, entre outros estilos da música folclórica galega, así como a fusión dun alalá en estilo contrapuntístico a modo de fuga barroca.

Estamos, pois, ante unha das primeiras antoloxías musicais do autor, na que recolle obras de moi diversa índole: dende composicións propias, pasando por pezas inspiradas en estilos moi característicos, ata obras escritas en linguaxes tradicionalmente vencelladas á música erudita e fusionadas coa música de raíz folclórica.

https://youtube.com/shorts/O21124KwbBI?si=GVOh4F-l4l4hD_Ai

20,00 € 20.0 EUR 20,00 €

No está disponible para venta

Esta combinación no existe.

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables