Fantasía Dórica, op. 66, para gaita y piano
Manuel Alejandre Prada
Caderno 24. Dos Acordes mantén o seu compromiso académico coa gaita con este novo número da popular colección Cadernos de Gaita. Nesta ocasión, o compositor Manuel Alejandre achega o seu Bierzo natal ata nós con esta Fantasía «Dórica», dedicada ao gaiteiro Diego Bello. Se xa é de consideración que os grandes compositores contemporáneos compoñan para o noso instrumento nacional, non deixa de ser menos que Dos Acordes continúe a aposta por esta vía necesaria de exploración (sen negar a importancia de outras moitas, nas que tamén estivemos dende os inicios). Inclúe partes exentas de gaita, escritas en DO e Re.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.