Loureiro Verde: 50 pezas para guitarra
Manuel Herminio Iglesias
Loureiro Verde é o nome deste novo traballo para que os amantes da guitarra poidan tocar pezas de música galega, algunhas de creación propia que están inspiradas nos cantos da nosa terra. Son cincuenta pezas diversas, maiormente tomadas de musicas populares, algunhas de pezas tradicionais recollidas nos cancioneiros. Algunha de autores consagrados e, as demais, de autoría propia. Moitas delas, viven ainda na memoria da xente que, dalgunha maneira, as tararea cando anda a traballar na diversas labouras diarias. Outras son moi pouco coñecidas como é o caso das feitas e cantadas hai anos polo grupo de Folk Cantigas de Ourense. Como en traballos anteriores as melodías están ampliadas segundo o meu humilde saber e entender. E as que son propias teñen unha raigame claramente galega, coa pretensión de que esta música acade novos espazos onde hoxe non é coñecida.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.