Método de pandeireta galega
Erick Feles
O presente libro ten como finalidade o estudo da técnica instrumental da pandeireta galega, para facilitar aos estudantes do instrumento a solventar problemas técnicos que sirvan para abordar diferentes padróns rítmicos, arranxos e pezas musicais, tanto instrumentais como vocais e que poidan chegar tan lonxe como queiran aplicando ditas técnicas. Falaremos dende cousas tan básicas como o agarre e posicións das mans ata movementos e exercicios que axuden a desenvolver unha fluidez instrumental coa pandeireta. É preciso que dende o primeiro momento teñamos clara a finalidade do estudo con este libro, que non é outra que solventar problemas técnicos para poder desenvolver a actividade musical con lixeireza, bo son, e sobre todo: boa técnica, e así evitar posíbeis lesións e dores por malas posicións que nun futuro podería xogar en contra do instrumentista.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.

















