Ir al contenido

Método de pandeireta galega

https://odoo.dosacordes.es/web/image/product.template/2950/image_1920?unique=752bb6e
Erick Feles O presente libro ten como finalidade o estudo da técnica instrumental da pandeireta galega, para facilitar aos estudantes do instrumento a solventar problemas técnicos que sirvan para abordar diferentes padróns rítmicos, arranxos e pezas musicais, tanto instrumentais como vocais e que poidan chegar tan lonxe como queiran aplicando ditas técnicas. Falaremos dende cousas tan básicas como o agarre e posicións das mans ata movementos e exercicios que axuden a desenvolver unha fluidez instrumental coa pandeireta. É preciso que dende o primeiro momento teñamos clara a finalidade do estudo con este libro, que non é outra que solventar problemas técnicos para poder desenvolver a actividade musical con lixeireza, bo son, e sobre todo: boa técnica, e así evitar posíbeis lesións e dores por malas posicións que nun futuro podería xogar en contra do instrumentista.

20,00 € 20.0 EUR 20,00 €

No está disponible para venta

Esta combinación no existe.

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables