Nada: Para cuarteto de cordas
Gloria Rodríguez Gil
A primeiros do ano 2015 realicei unha composición titulada Todo, unha encomenda que nunca chegou a estrearse. Ademais de catro instrumentos conta con tres cantantes, cada un/unha cantando nunha lingua diferente. Tituleina Todo polo seu movemento cara adiante e pola rítmica marcada, ademais de polos diferentes materiais empregados e o moito que quería abarcar (tendo en conta que a miña tendencia é a de empregar o mínimo de material posible). Pois ben, pouco despois encargáronme un cuarteto de clarinete e cordas que contrastou, totalmente, con aquela música. Dado que Todo me deu moito traballo e sentín unha grande frustración ao non poder estreala, decidín titular á seguinte Nada, por non empregar prácticamente ningunha rítmica contrastante nin movemento nas liñas melódicas; así, o título de Nada foi o ideal. A estrea de Nada deuse na sala da SGAE de Santiago de Compostela o 11 de decembro de 2015, a cargo do grupo de cordas da Orquestra Gaos da Coruña.
Partes instrumentais dispoñibles para descarga.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.