Nada: Para cuarteto de cordas
Gloria Rodríguez Gil A primeiros do ano 2015 realicei unha composición titulada Todo, unha encomenda que nunca chegou a estrearse. Ademais de catro instrumentos conta con tres cantantes, cada un/unha cantando nunha lingua diferente. Tituleina Todo polo seu movemento cara adiante e pola rítmica marcada, ademais de polos diferentes materiais empregados e o moito que quería abarcar (tendo en conta que a miña tendencia é a de empregar o mínimo de material posible). Pois ben, pouco despois encargáronme un cuarteto de clarinete e cordas que contrastou, totalmente, con aquela música. Dado que Todo me deu moito traballo e sentín unha grande frustración ao non poder estreala, decidín titular á seguinte Nada, por non empregar prácticamente ningunha rítmica contrastante nin movemento nas liñas melódicas; así, o título de Nada foi o ideal. A estrea de Nada deuse na sala da SGAE de Santiago de Compostela o 11 de decembro de 2015, a cargo do grupo de cordas da Orquestra Gaos da Coruña. Partes instrumentais dispoñibles p...