Ir al contenido

Oia: Para tenor e guitarra

https://odoo.dosacordes.es/web/image/product.template/3121/image_1920?unique=a3cdee6
Gloria Rodríguez Gil 

Oia é unha peza composta entre finais do ano 2013 e febreiro de 2014. Nace a raíz dun proxecto de concerto para tenor e guitarra, que finalmente non se puido celebrar. Foi así como a compositora realiza unha versión para tenor e piano con clarinete opcional, para ser estreada neste novo formato na igrexa do mosteiro de Oia o 14 de Xuño de 2014 dentro do concerto organizado pola asociación ACAMO. A interpretación correu a cargo do tenor José Antonio Campo, o pianista Severino Ortiz e o clarinetista Uxío Pazos. Dende aquí doulles as grazas pola súa sentida estrea.

A dixitación foi revisada por Yago A. Reigosa, e a parte do tenor por José Antonio Campo, para quen se adaptou lixeiramente a liña de voz orixinal.

No ano 2015 o tenor Enrique A. Martínez contacta coa compositora para gravar Oia na súa versión orixinal, para que forme parte do disco posteriormente chamado Illa de nós. O título foi tomado dun dos haikus do poeta Román Raña aos que Gloria R.G. puxo música e que tamén forman parte deste disco, subvencionado por tres institucións galegas para recoñecer o esforzo dos estudantes dos Conservatorios Superiores de Música de Galiza, neste caso o Primeiro Premio á excelencia musical que obtivo o tenor Enrique en 2015. A gravación da parte de guitarra foi levada a cabo polo guitarrista Antón Galovart Araguas, a gravación da peza ten unha duración total de 6 minutos e 12 segundos e a día de hoxe non foi estreada publicamente.

Por que Oia? Porque en Oia é onde vive a compositora desde hai máis de 20 anos, terra da cal está namorada. A autoría do texto permanece no anonimato respectando o desexo do seu autor, texto dunha gran riqueza expresiva, situándose en cada un dos puntos cardinais para describir dende eles a estampa que esta paraxe sen igual agasalla, cunha luz e un mar diferentes cada día.

12,00 € 12.0 EUR 12,00 €

No está disponible para venta

Esta combinación no existe.

Categoría: Instrumentos y voz / Guitarra y Voz
Tamaño: DIN A4
Tipo de código: ISMN
Código: 979-0-801244-67-3
Páginas: 20

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables