Pasodobre de Eirís
Carlos Castro Roig Unha nova obra do noso prolífico e exitoso autor Carlos Castro, profesor de percusión no Conservatorio superior de música de Vigo, esta vez para marimba, vibráfono e dous pandeiros redondos. Inclúe as tres partes instrumentais exentas. Dos Acordes sigue apostando forte pola percusión, ao ser estes instrumentistas uns dos máis interesados polo noso traballo. A todos os percusionistas, grazas pola confianza depositada en nós e nos nosos autores! Pode escoitarse a obra neste enlace.