Puenteareas
Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Juan Carlos Díaz Álvarez, director. Segundo M.ª Rosa Arija Soutullo, Presidente da Fundación Soutullo: «Presentamos neste disco unha escolma das obras para banda de música do Mestre Soutullo, a maior parte dela composta entre 1904 e 1915, que nos introduce no coñecemento desta faceta do compositor. Acompañan ao CD algúns números de zarzuelas na súa versión para banda, de posterior creación. Algunhas das partituras (Leonor, Irene e Hazme un mimo) foron recuperadas no 2006 pola Fundación Reveriano Soutullo Otero nos arquivos da Banda Municipal de Vigo, atopando outras en diferentes arquivos». Baixo a dirección de Juan Carlos Díaz Álvarez, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, interpreta esta escolma de obras do xenial compositor, sen dúbida, o máis recoñecido de Galicia.