Que bela te deu Deus!
Juan Antonio Moreno Fuentes Que bela te deu Deus! é un digibook (libro con CD) que contén as Seis Baladas Galegas de Xoán Montes e as Oito cancións sobre poemas de Rosalía de Juan Antonio Moreno Fuentes, grabadas pola soprano Esperanza Iglesias e o pianista Aurelio Chao. Nun elegante formato de 14 x 19 cm, inclúe un caderniño de 12 x 18 e de 16 páxinas que recolle datos dos compositores e os poetas musicados (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Salvador Golpe Varela e Aureliano José Pereira), intérpretes e as letras das cancións. Tamén dispoñemos das partituras das cancións de Moreno Fuentes.