Seis Cadros, op. II: Para oboe só
Sergio Rodríguez Pena Seis cadros, Op. 11, é unha obra para óboe só composta por Sergio Rodríguez no ano 2016. Trátase dunha composición en seis movementos, cada un inspirado nun pintor e nun cadro e está adicada a David Villa (oboísta da Orquestra Sinfónica de Galicia). Esta obra nace a partir da primeira das pezas (Picasso e o cubismo), na que o compositor, alentado por David Villa, decide compoñer as cinco pezas restantes.