Shalom Aleichem: Para guitarra soa
Gloria Rodríguez Gil
A idea de Shalom Aleichem nace durante o Entroido de 2010, despois de que unha grave doenza deixara á compositora sen poder escribir nada durante o ano 2009. Foi en febreiro do ano 2010 cando o seu profesor Albert Sardá animouna a compor unha peza para ser estreada pola agrupación Tactum en maio de 2010, durante o 25 Ciclo de concertos da Fundació de Música Contemporánia de Barcelona. Así é como Gloria Rodríguez Gil leva a cabo a idea de compór tres pezas baseadas directamente no Concerto para piano en sol mayor de Maurice Ravel, concerto que a compositora non deixou de escoitar mestres estivo postrada nunha cama. Cada unha das pezas leva un agradecemento-despedida implícito. A primeira das pezas titúlase Chiva e se trata dun concerto para piano e catro instrumentos, baseado íntegramente na peza de Ravel, excluíndo tan só a coda (ou sexa, A-B-A). Foi estreada en Barcelona o 31 de maio de 2010. A segunda peza será titulada Mzungu David, composta para tenor e piano. Está baseada en Chiva pero exclúe a parte central daquela (ou sexa, A-A). Foi estreada o 28 de decembro de 2011 en A Coruña. A terceira e derradeira será Shalom Aleichem para guitarra soa, baseada en Mzungu David pero eliminando unha das partes (ou sexa, tan só un A). A obra foi rematada en abril de 2011 e estreada o 5 de xullo do mesmo ano en Lugo polo guitarrista Ramón Carnota, no terceiro concerto do XVI Ciclo de concertos da Asociación Galega de Compositores.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.