Soutullo a 4 mans
Arabesca - Mazurka - Jota - Puenteareas
Reveriano Soutullo; Transcricións: Pablo Rodríguez Fernández
A música para piano de Reveriano Soutullo encádrase dentro dos tipos propios do salón burgués de fin de siécle. Está composta fundamentalmente de danzas —os aristocráticos valses e mazurcas; outras populares e desenvoltas, como o chotis ou o fox-trot; e hai tamén espazo para a música tradicional galega e da Iberia, a través das muiñeiras ou as xotas—, que se mesturan ás veces formando pequenas coleccións de pezas, pero en calquera caso amosa sempre o fino sentido melódico que caracterizou este gran compositor de zarzuelas.
Su snippet dinámico se mostrará aquí...
Este mensaje se muestra ya que no brindó ni un filtro ni una plantilla para usar.















