Ir al contenido

A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira

https://odoo.dosacordes.es/web/image/product.template/2882/image_1920?unique=752bb6e
Xabier Garrote Cobelo Xabier Garrote Cobelo recolle nesta obra os resultados dun monumental traballo de clasificación e estudo historiográfico dos materiais documentais conservados no Arquivo Musical da Banda Garrote de Ortigueira, con particular énfase no papel histórico da Banda Garrote e no rol que nesta comarca exerceron tres músicos dunha saga familiar incuestionablemente vencellada á historia musical de Galicia: José María, Manuel e Andrés Garrote. O ensaio complétase con documentadas referencias a moitos dos músicos responsables de trazar a historia das bandas de música en Ortigueira, cun amplo aparato documental e con dúas notables contribucións, dos estudosos Xosé Carlos Breixo e Alejo Amoedo, que constitúen unha mostra das moitas liñas de investigación que este traballo abre.

30,00 € 30.0 EUR 30,00 €

No está disponible para venta

Esta combinación no existe.

Términos y condiciones
Garantía de devolución de 30 días
Envío: 2-3 días laborables